"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik"
"Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista"
Jon Mirande
"Para comprender el racismo socialista alemán en su sentido más exacto, lo primero que se requiere es despojarlo de las calificaciones «fascistas». Pues ningún valor esencial, ninguno de los ingredientes sustantivos que caracterizan al movimiento nacional-socialista y a los que quepa señalar como determinantes de su victoria, procede del fascismo italiano. La forma del saludo, el uniforme de sus masas y la rígida disciplina a un jefe, son dimensiones de él verdaderamente superficiales y episódicas, sin trascendencia alguna como vértebras de la revolución."
Ramiro Ledesma
Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco
Num artigo escrito em Janeiro do 1935 na revista Alento, o nosso Vicente Risco descreve acertadamente o negativo e positivo da ideologia fascista. E também naquela altura, perante a opinióm geral publicada contrária ao Nacional-Socialismo (o fascismo antinazista incluido), descreve na sua opinióm sinceira à ideologia mais popular do momento, o Nacional-Socialismo.
Seis meses decorreram do Dia da Pátria, e na mesma data vinha-se sabendo o ajustiçamento do líder austrofascista Dollfuss por parte dos Nacional-Socialistas na Áustria, logo da proibiçom do partido nessas terras por parte das autoridades austrofascistas. Na Europa da altura eram conhecidas as liortas e graves enfrontamentos entre as duas ideologias e que Risco descreve neste ensaio.
O FASCISMO
Outro desviamento do nacionalismo é o que chaman fascismo. Tampouco a ideia fascista é ruín en sí. O fascismo é máis propiamente nacionalista qu' o imperialismo clásico. Coma movemento políteco, é un movemento nacional contra das causas de descomposición interna d'unha nación, e tende â concentración das forzas nacionás contra da dispersión e crebantamento d'elas, originados pol-os partidos políticos, loita de clases, manejos de outa finanza, relajamento das costumes, etc., etc. E n-iste senso non é cousa ruín. E ainda hai que ter en contra outra cousa: os fundamentos doutriñás do fascismo... O que pra o fascismo italián formulou en 1925 o Profesor Alfredo Rocco, da Universidade de Padua, son moi dinos de ser tídos en conta, porque veñen ser os da Escola Histórica do Dereito, do gran romanista alemán Fradique Calros de Savigny. A escola histórica do dereito pretendía que o dereito e as leis, a orgaización políteca e social d'un pobo, non deben depender nen dependen de feito endejamáis da vontade nen do capricho dos homes, senón que veñen impostas pol-as circustancias geográficas e históricas e pol-as necesidades económicas e culturás dos pobos, e pol-o tanto non poden ser trocados cando se queira, nen coma se queira, senón que toda lei tense qu' ajustar âs circustancias de lugar e tempo. Toda lei ten que ser ageitada â maneira de ser material (circustancias geográficas e necesidades económicas) e moral (caraute e costumes) do país pra que o se dá, porque d' outro geito non ten máis remédeo que fracasar na práitica, e causar danos namentras non fracasa de todo. Isto é, precisamentes, o que eiquí se ven procramando hai moito tempo, pois estase apalpando en Galiza ben craramente os efeitos desastrosos das leis feitas pra outros países moi difrentes, e que nós temos que' obedecer.
Temos, pol-o tanto, esas duas coincidenzas co-a doutriña do fascismo: 1.ª O pretendermos unha concentración das forzas galegas, contra das loitas polítecas, de clás ou d' intreses particulares, pondo por riba d' iso todo o ben común. - 2.ª O pretendermos que a orgaización e a legislación que rixan en Galiza s' acomoden ao modo de ser da nosa Terra.
Mais o fascismo contén outros principios que costitúen verdadeiros desviamentos do nacionalismo, que son: a confusión da Nación co Estado, o sacrifizo do individo ao Estado, e a prepotenza do Poder executivo.
Asina, cando o Profesor Rocco asegura que o Estado é unha entidade histórica composta das geraciós pasadas, presentes e futuras, nós diríamos que iso é apricar ao Estado unha das difiniciós da Nación. A Nación é iso, sen dúbida ningunha, mais o Estado non é iso: o Estado é a orgaización jurídeco-políteca da nación, é a orgaización do poder na nación, mais non é a nación mesma. Craro está que, tratándose d' Estados homogéneos, coma ven ser Italia, como a mesma Alemaña, non é grande dificultade. Esta preséntase cando o Estado engloba varias naciós difrentes, con caraiterístecas propias: n-iste caso, já non se pode, asegún os principios da escola histórica, que son os do fascismo -e que actualmente veñen ser tamén os dos etnógrafos da escola histórico-cultural, en relación co-a antropogeografía- apricar a todal-as partes do Estado unha orgaización e legislación homogéneas, sen cair n-unha gravísema contradición. Compre ademáis, ter en conta que o Estado é unha forma políteca que pode pasar, pode desaparecer mesmamente, pódese trocar, namentras que a Nación queda sempre. D' eiquí ven o que o fascismo se presente moitas veces coma imperialismo, ou coma nacionalismo agresivo.
Tocantes aos outros puntos, os direitos dos individos son, coma os dereitos dos pobos, das naciós, previos a toda forma políteca ou jurídeca, e nen o Estado nen a nación poden anular os dos individos, nen permitir que os exerzan en contra da nación. Pode que as circustancias do actual istante histórico requiran unha accidental concentración do Poder, precisamentes pra combater aquelas causas de descomposición interna a que aludimos, mais se non debe esquecer a sua accidentalidade. En todo caso, téñase en conta que si o Imperio -no senso d' un maor poder do Estado: imperium- é a par, o nacionalismo -no senso dos dereitos dos pobos- é a justiza.
O NACIONAL-SOCIALISMO
E fica, como cousa importante, o racismo, que tantos odios esperta ergueito por Hitler e os seus nazionalsozialistas. Craro está que non todo o nazionalsozialismo é racismo, mais é o que n-il máis chama a atención. O racismo é moi anterior a Hitler. De hai moito tempo eisiste un pangermanismo e un panslavismo. O racismo, no caso germánico, ven da teoría do Conde de Gobineau, que tanto seducira ao noso Murguía, da superioridade da raza arya ou indo-germánica, cuios máis puros representantes son os germanos. Sendo esta raza a úneca que ten aptitude pra a outa cultura, e achándose degenerada por todos lados onde se misturou con razas inferiores, a todol-os pobos onde isto aconteceu, cómprelles unha nova infusión de sangue germánico que constituia n-iles o elemento direitor. O qual justifica a domiñación germánica do mundo.
É natural que esta ideia nona podan aturar os que non son germanos, e que bufen de carraxe cando a escoitan enunciar. Outro cantar é que sexa ou non sexa certa. Mais resulta tamén que non son somentes os germanos a procramaren a sua superioridade racial. A soberbia de raza antiquisma, pura e de superiores aptitudes entra por moito no nacionalismo vasco, e en moitas cousas con certa razón. A ideia racial move tamén aos Celtas de Armórica, Irlanda, Gales e Escocia, etc. etc.
Tamén Murguía quixo invocar a prol de Galiza o argumento racial, citando pra elo a Gobineau. O certo é que, na poboación galega, os elementos celta e germánico semellan predomiñantes, e dende logo máis abondosos que en ningunha outra terra da Penínsua.
Non diremos que sí nen que non, n-un asunto tan espiñento; o que compre dicir é que o factor raza non se pode deixar de ningunha sorte pra un lado, e contra do argumento da mestizage, que hoxe -precisamentes como reaición contra do racismo- nos andan machacando a toda hora, repetindo o de que "non eisisten razas puras", diremos que as razas endejamáis se misturan de todo e que na poboación de máis comprexa e antiga mistura, sempre se poden recoñecer os primitivos compoentes, cecáis por aquelo da disociación dos carauteres, e da tendencia nos sucesivos cruzes a reproducírense os tipos originarios. E sobre todo, que ninguén veña co-esa antigualla de dolicocéfalos e braquicéfalos.
Vicente Risco, Alento. Xaneiro-Febreiro 1935
Ningún comentario:
Publicar un comentario