martes, 2 de marzo de 2021

Romanizazón da Gallaecia?

Os galaicos eran calificados por persoeiros da talla do xeógrafo Estrabón e do poeta Ausonio como feroces e antisociais bandidos. Para os reputados historiadores Abilio Barbero ou Marcelo Vigil, Roma non causaria un efeito fundo nen unha notória modificazón da vida social, cultural ou relixiosa dos autóctones das terras do norte peninsular.

 Dende o ponto de vista arqueolóxico, é importante o feito de que se atopa-se xa en tempos de grande romanizazón en pleno Alto Império Romano do século III, unha inscripzón en Dobra adicada ao Deus Erudino, constituindo unha evidéncia da pervivenza das crenzas e deidades autóctones totalmente vivas.

Ara de Erudino, em Torrelavega. 
Conta Estrabón que baixo o resgardo de Erudino repousavan os guerreiros caídos, asi como os autóctones sacrificavan machos cabrios, cavalos e prisioneiros.

Defenden estes autores que a forma de vida do norte rachou coa chegada de Roma, devido á primeira oposizón e posteriormente, coa tardia aceptazón do poder de Roma, ao carácter rural que perviviu e resistiu a tentativa de urbanizazón romana, un método de romanizazón irresistível que non se deu.

Estos autores propoñen que os povos do norte que se enfrontaron aos Árabes na Idade Média eran os mesmos povos que se enfrontaran a Roma uns 700 anos antes.

O historiador Francisco Jordá afirma que numerosos castros son de época romana, coa intenzón de agrupar nas estruturas nativas ás poboazóns dispersas en caseríos. Nos castros non se atopa ningún tipo de urbanismo de tipo romano, nen na pranta nen nos edifícios. Na área galaica das atuais Galiza e norte de Portugal fixo-se, como noutras rexións da península, a fora, un sistema organizativo baseado na concentrazón da dispersa e rural povoazón autóctone en núcleo populacionais ao estilo urbán, onde entravan en contacto co mundo romano, e que ademais funcionava como mercado.  Nas zonas de astures, cántabros e vascóns estabeleceron-se os castella, un equivalente. Pero isto era extremadamente rudimentário, en vilas ao estilo de castros romanizados moi lonxe das villae da hispánia romana.

CASTRO ¨ROMANIZADO¨ VS VILLAE ROMANA
En toda a Galécia, agás centros como Lucus Augusti ou Flaviobriga, existe unha auséncia ou escaseza de materiais como terra sigillata ou ánforas, que eran comuns polo numeroso comércio de viño, aceite e alimentos comuns doutros pontos do Império, evidenciando neles un contacto con Roma. Alén disto, sabemos que baixo a dominazón de Roma non existia unha economia monetária nas terras galaicas, pervivendo como sabemos meiante a arqueoloxia, a economia natural, pois en todo o território apenas existen achados de moedas.

Para Jordá, pese a non existir a moeda e ser empregada no canto chapas, existia o comércio que deixaba atrás un pasado de economia baseado no troco. Seguindo a linha da arqueoloxia como fonte, evidencia-se tamén que non se produciu unha asimilazón da cultura romana na Galécia na completa auséncia de recintos como teatros, anfiteatros ou circos, asi como de edifícios relixiosos de tipo romano.

M. Rostovtzeff, reputadísimo historiador, sinala que a romanizazón nas terras dos galaicos acadou un nível baixísimo devido a que non constituian un atrativo para os colonizadores itálicos, o que lles permitiu conservar a sua fisionomia nacional e as suas peculiaridades, asi como o seu sistema económico e social. A urbanizazón romana ficou na superfície, mantendo-se asi a vella organizazón e mantendo a división en clans e tribos ou trebas. Isto evidéncia-se no parroquial suevo da alta idade média, onde é constatado perfeitamente como a nomenclatura das tribos célticas nativas pervive. 

Parochiale suevorum

 Podes-e comparar segundo este historiador, co fin de estabelecer un símil ou observar ou ver dende outra perspectiva, a romanizazón da Galécia coa das rexións de Nórico (actualmente en zonas de Austria, Baviera e Eslovénia) Panónia (actualmente maior parte na Hungria, ao sur do Danúbio) Mesia (comprendida entre a Bulgária e Sérbia hoxe) ou Trácia, nos Balcáns.

Evidéncia da condizón de non romanizados tamén constitue-a o feito de que nos primeiros anos do século II os symmachiarii participaron no exército de Roma como elementos non romanos, o que demostra-nos que neste período eran considerados estranxeiros. No século II xa facian vários centos de anos que no sur peninsular os hispanos facian parte do exército como romanos de pleno direito, dando-se casos como os da IX Legio Hispana que, de feito, participou nas chamadas Guerras Cántabras contra Galécia, quen sabe, se cecais fixeran parte de aquel episódio memorável do Medúlio.

Vários séculos depois da conquista de Roma, continuavan a funcionar perfeita e inalteradamente as estruturas sociais nativas. Neste senso, é preciso indicar que existen 2 inscrizóns que sinalan a existéncia de principes no Norte da Hispánia. O principe era un maxistrado autóctone que tiña, provavelmente, como funzón, reclutar tropas.

Aspeito reseñavel é a existencia de gentilitates, como obtemos da inscrizón de Sasamón no 239. As gentilitates fan referéncia a un ordenamento social indo-europeu intermédio entre a família e a tribo, pero que non existia no mundo romano, o que nos serve como evidenciazón de que, neste ámbito existia un continuum entre as tradizóns de ordenazón social galaicas pre-romanas asi como a inexisténcia dunha constituzón romana no norte de Hispánia xa no século III d.C.

Para concluir, devemos lembrar que a romanizazón foi a primeira vez na que se realizou unha empresa tan grande como a da conquista e aculturazón de povos de Europa sen ter que realizar destruzóns étnicas dos povos autóctones, se non que imprimindo nos própios nativos a organizazón, estruturas, língua, modos de vida e, en xeral, a romanidade.

A realidade é que Roma tendeu a asimilar, no canto de destruir. Isto, segundo José María Blázquez , debia-se a que, ao tratars-e Hispánia dunha terra de explotazón como xa se comentou durante este traballo, necesitarian a mao de obra nativa para traballar, ademais de que a própria explotazón dos recursos por parte dos romanos provocaria un impacto na riqueza e no nível de vida que se traduciria na admirazón por Roma.

A romanizazón funda e total foi algo que nunca ambicionou o poder romano sobre Hispánia. A povoazón mais romanizada foi, loxicamente, a das cidades das áreas clasicamente romanas, pero a romanizazón non chegou a ser completa. E no caso das sociedades mais rurais e apartadas dos tentáculos de Roma como as galaicas ou británicas, é evidente que continuavan a viver segundo a sua tradizón, podendo dicer que se atoparon impermeáveis á romanizazón. De calquer xeito, seja onde for, Roma manifestava o seu dominio empregando a sensibilidade e as tradizóns locais.

A política de Roma foi, dende o primeiro momento, a de respeitar as diversas estruturas politicas, sociais e ideolóxicas pré-existentes nos povos nativos de forma xeral, e estas permaneceron inalteráveis no tempo en terras como as nosas.

Roma sen dúvida deixounos a língua, o direito (xunto co noso direito común celta), as estradas, e moitas outras cousas aos galaicos e europeus en xeral.  A impronta das águias romanas sobre Europa, dende terras normandas até a Lusitánia, é de enorme valor e contribuiu a facer Europa. Pero nós, galaicos, temos que sentir orgullo en ser o mesmo povo que prosperou e navegou os bravos mares do Atlántico, que con pequenos aportes romano-xermánicos constituiu o primeiro reino do ocidente fai mais de 1.500 anos e que depois resistiu ao poderoso inimigo sarraceno, reconquistando a sua terra, sendo motor durante 8 séculos dun dos maiores hitos da história de Europa. Temos que lembrar a nosa história e comprender que hoxe, nun mundo onde o ouro ten mais valor que o sangue, onde a família, o povo e a identidade estan-se a perder, compre iniciar unha nova Reconquista. A nosa civilizazón céltica ten que voltar ser faro de Europa para conquistar o futuro.


Arias Pestomarco

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco

"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik" "Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista" Jon M...