Amosando publicacións coa etiqueta Galécia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galécia. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de marzo de 2021

Romanizazón da Gallaecia?

Os galaicos eran calificados por persoeiros da talla do xeógrafo Estrabón e do poeta Ausonio como feroces e antisociais bandidos. Para os reputados historiadores Abilio Barbero ou Marcelo Vigil, Roma non causaria un efeito fundo nen unha notória modificazón da vida social, cultural ou relixiosa dos autóctones das terras do norte peninsular.

 Dende o ponto de vista arqueolóxico, é importante o feito de que se atopa-se xa en tempos de grande romanizazón en pleno Alto Império Romano do século III, unha inscripzón en Dobra adicada ao Deus Erudino, constituindo unha evidéncia da pervivenza das crenzas e deidades autóctones totalmente vivas.

Ara de Erudino, em Torrelavega. 
Conta Estrabón que baixo o resgardo de Erudino repousavan os guerreiros caídos, asi como os autóctones sacrificavan machos cabrios, cavalos e prisioneiros.

Defenden estes autores que a forma de vida do norte rachou coa chegada de Roma, devido á primeira oposizón e posteriormente, coa tardia aceptazón do poder de Roma, ao carácter rural que perviviu e resistiu a tentativa de urbanizazón romana, un método de romanizazón irresistível que non se deu.

Estos autores propoñen que os povos do norte que se enfrontaron aos Árabes na Idade Média eran os mesmos povos que se enfrontaran a Roma uns 700 anos antes.

O historiador Francisco Jordá afirma que numerosos castros son de época romana, coa intenzón de agrupar nas estruturas nativas ás poboazóns dispersas en caseríos. Nos castros non se atopa ningún tipo de urbanismo de tipo romano, nen na pranta nen nos edifícios. Na área galaica das atuais Galiza e norte de Portugal fixo-se, como noutras rexións da península, a fora, un sistema organizativo baseado na concentrazón da dispersa e rural povoazón autóctone en núcleo populacionais ao estilo urbán, onde entravan en contacto co mundo romano, e que ademais funcionava como mercado.  Nas zonas de astures, cántabros e vascóns estabeleceron-se os castella, un equivalente. Pero isto era extremadamente rudimentário, en vilas ao estilo de castros romanizados moi lonxe das villae da hispánia romana.

CASTRO ¨ROMANIZADO¨ VS VILLAE ROMANA
En toda a Galécia, agás centros como Lucus Augusti ou Flaviobriga, existe unha auséncia ou escaseza de materiais como terra sigillata ou ánforas, que eran comuns polo numeroso comércio de viño, aceite e alimentos comuns doutros pontos do Império, evidenciando neles un contacto con Roma. Alén disto, sabemos que baixo a dominazón de Roma non existia unha economia monetária nas terras galaicas, pervivendo como sabemos meiante a arqueoloxia, a economia natural, pois en todo o território apenas existen achados de moedas.

Para Jordá, pese a non existir a moeda e ser empregada no canto chapas, existia o comércio que deixaba atrás un pasado de economia baseado no troco. Seguindo a linha da arqueoloxia como fonte, evidencia-se tamén que non se produciu unha asimilazón da cultura romana na Galécia na completa auséncia de recintos como teatros, anfiteatros ou circos, asi como de edifícios relixiosos de tipo romano.

M. Rostovtzeff, reputadísimo historiador, sinala que a romanizazón nas terras dos galaicos acadou un nível baixísimo devido a que non constituian un atrativo para os colonizadores itálicos, o que lles permitiu conservar a sua fisionomia nacional e as suas peculiaridades, asi como o seu sistema económico e social. A urbanizazón romana ficou na superfície, mantendo-se asi a vella organizazón e mantendo a división en clans e tribos ou trebas. Isto evidéncia-se no parroquial suevo da alta idade média, onde é constatado perfeitamente como a nomenclatura das tribos célticas nativas pervive. 

Parochiale suevorum

 Podes-e comparar segundo este historiador, co fin de estabelecer un símil ou observar ou ver dende outra perspectiva, a romanizazón da Galécia coa das rexións de Nórico (actualmente en zonas de Austria, Baviera e Eslovénia) Panónia (actualmente maior parte na Hungria, ao sur do Danúbio) Mesia (comprendida entre a Bulgária e Sérbia hoxe) ou Trácia, nos Balcáns.

Evidéncia da condizón de non romanizados tamén constitue-a o feito de que nos primeiros anos do século II os symmachiarii participaron no exército de Roma como elementos non romanos, o que demostra-nos que neste período eran considerados estranxeiros. No século II xa facian vários centos de anos que no sur peninsular os hispanos facian parte do exército como romanos de pleno direito, dando-se casos como os da IX Legio Hispana que, de feito, participou nas chamadas Guerras Cántabras contra Galécia, quen sabe, se cecais fixeran parte de aquel episódio memorável do Medúlio.

Vários séculos depois da conquista de Roma, continuavan a funcionar perfeita e inalteradamente as estruturas sociais nativas. Neste senso, é preciso indicar que existen 2 inscrizóns que sinalan a existéncia de principes no Norte da Hispánia. O principe era un maxistrado autóctone que tiña, provavelmente, como funzón, reclutar tropas.

Aspeito reseñavel é a existencia de gentilitates, como obtemos da inscrizón de Sasamón no 239. As gentilitates fan referéncia a un ordenamento social indo-europeu intermédio entre a família e a tribo, pero que non existia no mundo romano, o que nos serve como evidenciazón de que, neste ámbito existia un continuum entre as tradizóns de ordenazón social galaicas pre-romanas asi como a inexisténcia dunha constituzón romana no norte de Hispánia xa no século III d.C.

Para concluir, devemos lembrar que a romanizazón foi a primeira vez na que se realizou unha empresa tan grande como a da conquista e aculturazón de povos de Europa sen ter que realizar destruzóns étnicas dos povos autóctones, se non que imprimindo nos própios nativos a organizazón, estruturas, língua, modos de vida e, en xeral, a romanidade.

A realidade é que Roma tendeu a asimilar, no canto de destruir. Isto, segundo José María Blázquez , debia-se a que, ao tratars-e Hispánia dunha terra de explotazón como xa se comentou durante este traballo, necesitarian a mao de obra nativa para traballar, ademais de que a própria explotazón dos recursos por parte dos romanos provocaria un impacto na riqueza e no nível de vida que se traduciria na admirazón por Roma.

A romanizazón funda e total foi algo que nunca ambicionou o poder romano sobre Hispánia. A povoazón mais romanizada foi, loxicamente, a das cidades das áreas clasicamente romanas, pero a romanizazón non chegou a ser completa. E no caso das sociedades mais rurais e apartadas dos tentáculos de Roma como as galaicas ou británicas, é evidente que continuavan a viver segundo a sua tradizón, podendo dicer que se atoparon impermeáveis á romanizazón. De calquer xeito, seja onde for, Roma manifestava o seu dominio empregando a sensibilidade e as tradizóns locais.

A política de Roma foi, dende o primeiro momento, a de respeitar as diversas estruturas politicas, sociais e ideolóxicas pré-existentes nos povos nativos de forma xeral, e estas permaneceron inalteráveis no tempo en terras como as nosas.

Roma sen dúvida deixounos a língua, o direito (xunto co noso direito común celta), as estradas, e moitas outras cousas aos galaicos e europeus en xeral.  A impronta das águias romanas sobre Europa, dende terras normandas até a Lusitánia, é de enorme valor e contribuiu a facer Europa. Pero nós, galaicos, temos que sentir orgullo en ser o mesmo povo que prosperou e navegou os bravos mares do Atlántico, que con pequenos aportes romano-xermánicos constituiu o primeiro reino do ocidente fai mais de 1.500 anos e que depois resistiu ao poderoso inimigo sarraceno, reconquistando a sua terra, sendo motor durante 8 séculos dun dos maiores hitos da história de Europa. Temos que lembrar a nosa história e comprender que hoxe, nun mundo onde o ouro ten mais valor que o sangue, onde a família, o povo e a identidade estan-se a perder, compre iniciar unha nova Reconquista. A nosa civilizazón céltica ten que voltar ser faro de Europa para conquistar o futuro.


Arias Pestomarco

luns, 2 de novembro de 2020

Consciéncia Nacional


No sistema ortográfico árabe faltan símbolos para escrever as letras E e O, por iso alguén que se chame por exemplo Roberto quere escrever o seu nome nesa língua terá que ser na forma "Riburti". Do mesmo xeito, se un árabe quere escrever GALLÉCIA (pronunciado Gal-lé-qui-a) vai faltar-lle o E e vai duvidar en como escrever o G, tendo que transcrever a palabra como se fose Galikia, Calikia, Yalikia... e posivelmente escreva o que se transcreve como Yaliqia.

Non obstante,se un historiador do estado español encontra centos de veces nas crónicas árabes medievais "Reino de YALIKIA",  traduce como "Reino de León". Do mesmo xeito, cando eses mesmos historiadores españois observan inscripzóns que põem "GALLAECIENSE REX", traducen por "Rei de Asturias·, evidentemente.
 
O mesmo que cando noutros textos medievais aparece WASCONIAE, o país dos WASCOI, van evitar escrever VASCONIA e considerar que aquilo é o país dos VASCÓNS, e ván preferir «Gascuña», terra dos gascóns, que tamén harmoniza co negacionismo do estado francés na Gascogne.
 
E asi até onde se queira manipular, até demonstrar con ese rigor historiográfico que o Estado Español xa existia dende o Cretinácico Superior, pois como bos xacobinos seguen a máxima robesperriana de "O federalismo e a superstición falan baixo-bretón e o fanatismo fala vasco", que aplicado á historiografia é que todo o que sexa diferente non debe existir e hai que extirpalo. É entón que converten a verdade en "delirios dos nacionalistas periféricos" que amais de mentirosos son "intolerantes e reacionários".
 
Un totalitário sistema educativo doutrina na "história oficial" coa maior agresividade na universidade, un bombardeio televisivo de documentários, programas educativos, entrevistas a "espertos" e séries "históricas" nas cais até Carlos V fala castelán, sendo flamenco. Todo un exército de infiltrados nos "nacionalismos periféricos" de caracter liberal e marxista, estabelecendo paradigmas históricos, e un exército de ciber-manipuladores editando a wikipédia, criando millares de blogues e intervindo en millares de foros de debate.

Para practicamente todos os cronistas árabes da Al-Andalus, dende o século VIII ao XIII a península ibérica era do seguinte xeito:

- Ao sul dos "desfiladeiros"* está o território que eles denominan SPANYA, que coincide co que nos mapas cristiáns da época denominaba-se HISPANIA. E que é o território onde os musulmans crian as suas entidades políticas (califato, taifas, etc).

- Ao norte do rio Ebro está o que eles denominan YFRANYA, o que en fontes cristiáns europeias aparece como FRANZA, e corresponde aos territórios visigóticos que forman parte do Sacro Império de Carlomagno, que depois serán os francos condados e os reinos da marca hispánica ao redor dos Pirineus. É aí onde se situa BARCINONA, a antiga BARCIO romana. A bacia do Ebro que logo foi conquistada polos musulmáns, e moitas das conquistas musulmanas na Franza referen-se a esta parte da franza ao sul dos Pirineus.

- Ao norte do rio Douro está o que eles denominan YLLIQUYA, o que en fontes cristiáns denominan GALLAECIENSE REGNUM, a entidade formada sobre a antiga província da Gallaecia no 411. Nesa altura, para infortúnio de nacionalistas españois e «castrexistas» e «nacionaliegus» astures, a fronteira oriental da província romana non era o rio Pisuerga, senon que chegava ao atual rio Arga. Coa queda dos visigodos, os suevos ampliaron os seus territórios ainda mais ao leste, chegando ao atual rio Gállegos (curioso nome!).

Por mor disto comezan as guerras entre galaicos e navarros, e depois galegos e aragoneses, a parte das guerras cos musulmans nesa área. Din as crónicas de Córdoba falando do grande herói Uqba que no ano 734 "adicouse continuamente ao ŷihad, conquistando moitas comarcas de Ŷillīqiya, como Pamplona e outras" (Pamplona cidade galaica na altura). Os outros territórios en disputa eran as terras entre o Douro e "os desfiladeiros", unhas veces sob domínio galaico, outras musulmán, e na maior parte desa etapa desabitadas, polo que posteriormente precisaron ser reconquistadas/repovoadas dende o norte.

O "choque de civilizazóns" entre SPANYA, YFRANYA e YLLIQUILHA, ou sexa, Hispánia, Franza, e Galécia, son a causa das guerras deses 500 anos entre a queda do reino visigótico derrotados polos musulmáns e a división do Gallaeciense Regnum nos reinos da Galiza e logo León cos seus condados. 

*A linha de cadeias montañosas que divide a península dende o Atlántico ao Mediterráneo formando unha "muralla" coas serras de Sintra, Montejunto, Aire, Candeeiros, Lousã, Estrela, Gata, Francia, Béjar, Gredos, Malagón, Guadarrama, Somosierra, Ayllón, Ministra, Albarracín, Montes Universales, Javalambre, e Mir.

Só o Galliciense Regnum (non ainda o Reino da Galiza) ten mais séculos de história do que o estado español ou portugués, e deve ser por isso que están alguns obsesionados con negá-lo e silenciá-lo. Pero non só a caverna liberal madrileña, tamén os liberais bascos e cataláns, pois fumos o seu grande inimigo.

Map of Europe during the time of Charlemagne's death in the year 814 AD
Simon Kuestenmacher 

DESMONTAR

1º) Para desmontar o mito nacionalista español só temos que soprar e xa esborralla como un castelo de naipes. Fundamenta-se no "ad hominem", no suposto prestíxio de quen o di, e na repetizón e repetizón.

En xeral chega co apresentar un documento histórico en versión orixinal (non a transcrizón manipulada do mesmo ou o relato dalguén dicido o que di) para que un paradigma rebente en cen mil anacos. E sabe-no, daí o secuestro de fontes históricas e ocultazón (Arquivo de Simancas, Biblioteca Nacional, Instituto Padre Sarmiento, CSIC, Consello da Cultura Galega, Instituto da Língua Galega, etc). Non obstante, escapouse-lles das maos para sempre moito material que está no Arquivo do Reino da Galiza, arquivos históricos provinciais, arquivos catedralícios. E para maior drama para eles, hai reproduczóns en estudos estranxeiros, edicións facsímil, dixitalizazóns, etc.
 
En xeral chega con situar as cousas nun mapa. Cruzar dados dende diversas perspetivas (uns, os seus inimigos, os neutros) e dende diversas disciplinas (documentazón histórica, arqueolóxica, antropolóxica, linguística, lendas, mitos, teolóxicas) tal como fai a metodoloxia que xerou a Teoria da Continuidade Paleolítica, e tal como fai o xenial mestre André Pena Granha.
 
Estando preparados temos unha grandísima vantaxe a hora de armar o puzzle do noso: o coñecimento direito da nosa terra e nosa cultura. Os de Madrid e os seus cadeliños na Galiza, eses urbanícolas pechados nos gabinetes das suas instituizóns e os seus circuliños de pseudo-elites dexeneradas. Nós non andamos tan perdidos no mundo, non vivemos nunha imaxe virtual do mesmo. Intuitivamente sabemos a direczón, ainda que teñamos que ir descobrindo o camiño sobre a marcha e esquivar fochancas.
 
2º) Non obstante, o noso paradigma, o noso contra-discurso é honesto e rigoroso. Deixamos os baleiros onde temos lagoas, abrir abanos de posibilidades onde existan, e afirmar as certezas onde temos certezas. Sempre coa verdade por diante, nunca a mentira, por moito que aparentemente pareza útil.
 
Nom se trata de construir un relato para apoiar un mito historiográfico no qual a sua funzón sexa sustentar unha ideoloxia, un proxecto nacionalista do galeguismo, ou o que sexa. Trata-se de sermos honestos. Se na nosa história fumos déspotas, hai que recoñecer iso, non negar. Se as revoltas irmandiñas foron nefastas e eran unha manobra de Castela, hai que recoñecer iso, e non falsificar os feitos para apoiar unha ideia revolucionária contemporánea. Temos que monstrar as luces, pero tamén as sombras, non invetar unha épica heroica. Temos que ser pedagóxicos, e enfocar o negativo da história como unha aprendizaxe dos erros para que non se repitan.
 
3º) Temos que situar-nos corretamente no tempo, é dicer, ollarmos para o pasado para compreendermos o noso presente e asi estarmos capacitados para proxetarmos o futuro. É un processo, é unha dinámica. Temos que mirar a história como algo vivo que continua, non como pezas mortas depositadas en vitrinas dun museu ben separadiñas unhas das outras só para contemplazón do público. Nós estamos dentro da história, nós facemos história coas nosas aczóns e inaczóns, e iso obriga-nos a mirar para atrás e para a frente.
 
Por exemplo, compreendermos a nosa cultura celta serve para termos unha cosmovisión moi forte, pois é berce vertebrador de Europa. A idade média serve para abordar-mos un escenário de decrescimento e ruralizazón tal como aconteceu coa queda do império romano. A "francesada" contra a invasión napoleónica serve para compreendermos estratéxias de loita contra inimigos moi poderosos e aplicá-lo con intelixéncia a situazóns contemporáneas. E as derrotas servemnpara non repetir os erros.
A história son as pegadas do xavali que o cazador persegue, e se non as sabe ler, nunca chegará a él.
A história non deve ser un tema de debate de frikis académicos, senon un método de análise, síntese e resposta aos problemas. A historia é para ser usada como ferramenta, para enfrentar a nosa realidade.
 

OS INIMIGOS
 
Hai que quitarlle o disfrace a ese anti-nacionalismo galego que o suplanta como nacionalismo. E vai ser duro de roer. As críticas han de ser duras e sen acougo. Dirixidas á escoura que xerou o piñeirismo e o nacional-marxismo e que foron empoleirados no pacto da transizón e que continua nas suas instituizóns como mercenários ao servizo do mundialismo e que fan gala dunha hipocrisia e cinismo estremos e que ten narcotizado e abduzido ao persoal nun eterno sono do cal nunca espertará o fogar de Breoghán, pois é terminal, e morte. E ainda que se concorde  nalgunhas cousas con algún nacionalismo español, as suas nescidades, as suas burradas, as suas mentiras, as suas conxuras e manipulazóns son inaceitáveis para quen teña un mínimo de ética e intelixéncia.
 
Isto non só precisa dunha proxeczón política, senon de proxeczóns políticas en plural. Pero non só política, ten que ter unha proxeczón ética, cultural, artística, filosófica, social, científica, etc. Iso era o que tiñamos co "rexurdimento", as Irmandades da Fala, Nós, Ultreia, etc. E iso é o que non temos neste triste rexionalisto cativo e burdo, inculto, personalista, cainista, chupóptero, hipócria, e altamente destrutivo. Reparen que o galeguismo histórico era construtivo, estes son destrutivos, van demolindo para que veña o facheirio construíndo o seu esterco na explanada. Temos de ser románticos, pero non romanticos sen visión, pois podemos ver a mocidade que temos nas nosas próprias cidades...
 

 
 Celtia Loimil das Fragas 

Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco

"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik" "Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista" Jon M...