No sistema ortográfico árabe faltan símbolos para escrever as letras E e O, por iso alguén que se chame por exemplo Roberto quere escrever o seu nome nesa língua terá que ser na forma "Riburti". Do mesmo xeito, se un árabe quere escrever GALLÉCIA (pronunciado Gal-lé-qui-a) vai faltar-lle o E e vai duvidar en como escrever o G, tendo que transcrever a palabra como se fose Galikia, Calikia, Yalikia... e posivelmente escreva o que se transcreve como Yaliqia.
Non obstante,se un historiador do estado español encontra centos de veces nas crónicas árabes medievais "Reino de YALIKIA", traduce como "Reino de León". Do mesmo xeito, cando eses mesmos historiadores españois observan inscripzóns que põem "GALLAECIENSE REX", traducen por "Rei de Asturias·, evidentemente.
O mesmo que cando noutros textos medievais aparece WASCONIAE, o país dos WASCOI, van evitar escrever VASCONIA e considerar que aquilo é o país dos VASCÓNS, e ván preferir «Gascuña», terra dos gascóns, que tamén harmoniza co negacionismo do estado francés na Gascogne.
E asi até onde se queira manipular, até demonstrar con ese rigor historiográfico que o Estado Español xa existia dende o Cretinácico Superior, pois como bos xacobinos seguen a máxima robesperriana de "O federalismo e a superstición falan baixo-bretón e o fanatismo fala vasco", que aplicado á historiografia é que todo o que sexa diferente non debe existir e hai que extirpalo. É entón que converten a verdade en "delirios dos nacionalistas periféricos" que amais de mentirosos son "intolerantes e reacionários".
Un totalitário sistema educativo doutrina na "história oficial" coa maior agresividade na universidade, un bombardeio televisivo de documentários, programas educativos, entrevistas a "espertos" e séries "históricas" nas cais até Carlos V fala castelán, sendo flamenco. Todo un exército de infiltrados nos "nacionalismos periféricos" de caracter liberal e marxista, estabelecendo paradigmas históricos, e un exército de ciber-manipuladores editando a wikipédia, criando millares de blogues e intervindo en millares de foros de debate.
Para practicamente todos os cronistas árabes da Al-Andalus, dende o
século VIII ao XIII a península ibérica era do seguinte xeito:
-
Ao sul dos "desfiladeiros"* está o território que eles denominan
SPANYA, que coincide co que nos mapas cristiáns da época denominaba-se HISPANIA. E que é o território onde os musulmans crian as suas entidades
políticas (califato, taifas, etc).
- Ao norte do rio Ebro está o
que eles denominan YFRANYA, o que en fontes cristiáns europeias aparece
como FRANZA, e corresponde aos territórios visigóticos que forman parte
do Sacro Império de Carlomagno, que depois serán os francos condados e
os reinos da marca hispánica ao redor dos Pirineus. É aí onde se situa
BARCINONA, a antiga BARCIO romana. A bacia do Ebro que logo foi conquistada
polos musulmáns, e moitas das conquistas musulmanas na Franza
referen-se a esta parte da franza ao sul dos Pirineus.
- Ao norte
do rio Douro está o que eles denominan YLLIQUYA, o que en fontes
cristiáns denominan GALLAECIENSE REGNUM, a entidade formada sobre a antiga
província da Gallaecia no 411. Nesa altura, para infortúnio de nacionalistas españois e «castrexistas» e «nacionaliegus» astures, a fronteira
oriental da província romana non era o rio Pisuerga, senon que chegava
ao atual rio Arga. Coa queda dos visigodos, os suevos ampliaron os
seus territórios ainda mais ao leste, chegando ao atual rio Gállegos
(curioso nome!).
Por mor disto comezan as guerras entre
galaicos e navarros, e depois galegos e aragoneses, a parte das guerras cos musulmans nesa área. Din as crónicas de Córdoba falando do
grande herói Uqba que no ano 734 "adicouse continuamente ao ŷihad,
conquistando moitas comarcas de Ŷillīqiya, como Pamplona e outras"
(Pamplona cidade galaica na altura). Os outros territórios en disputa
eran as terras entre o Douro e "os desfiladeiros", unhas veces sob
domínio galaico, outras musulmán, e na maior parte desa etapa
desabitadas, polo que posteriormente precisaron ser
reconquistadas/repovoadas dende o norte.
O "choque de
civilizazóns" entre SPANYA, YFRANYA e YLLIQUILHA, ou sexa, Hispánia,
Franza, e Galécia, son a causa das guerras deses 500 anos entre a queda
do reino visigótico derrotados polos musulmáns e a división do
Gallaeciense Regnum nos reinos da Galiza e logo León cos seus
condados.
*A linha de cadeias montañosas que divide a
península dende o Atlántico ao Mediterráneo formando unha "muralla" coas serras de Sintra, Montejunto, Aire, Candeeiros, Lousã, Estrela,
Gata, Francia, Béjar, Gredos, Malagón, Guadarrama, Somosierra, Ayllón,
Ministra, Albarracín, Montes Universales, Javalambre, e Mir.
Só o Galliciense Regnum (non ainda o Reino da Galiza) ten
mais séculos de história do que o estado español ou portugués, e deve ser
por isso que están alguns obsesionados con negá-lo e silenciá-lo. Pero non só a
caverna liberal madrileña, tamén os liberais bascos e cataláns, pois fumos o seu grande
inimigo.
Map of Europe during the time of Charlemagne's death in the year 814 AD
Simon Kuestenmacher
DESMONTAR
1º)
Para desmontar o mito nacionalista español só temos que soprar e xa esborralla
como un castelo de naipes. Fundamenta-se no "ad hominem", no suposto
prestíxio de quen o di, e na repetizón e repetizón.
En xeral chega co apresentar un documento histórico en versión orixinal
(non a transcrizón manipulada do mesmo ou o relato dalguén dicido o
que di) para que un paradigma rebente en cen mil anacos. E sabe-no,
daí o secuestro de fontes históricas e ocultazón (Arquivo de Simancas,
Biblioteca Nacional, Instituto Padre Sarmiento, CSIC, Consello da
Cultura Galega, Instituto da Língua Galega, etc). Non obstante,
escapouse-lles das maos para sempre moito material que está no Arquivo do
Reino da Galiza, arquivos históricos provinciais, arquivos catedralícios. E para maior drama para eles, hai reproduczóns en estudos
estranxeiros, edicións facsímil, dixitalizazóns, etc.
En xeral chega con situar as cousas nun mapa. Cruzar dados dende diversas
perspetivas (uns, os seus inimigos, os neutros) e dende diversas
disciplinas (documentazón histórica, arqueolóxica, antropolóxica,
linguística, lendas, mitos, teolóxicas) tal como fai a metodoloxia
que xerou a Teoria da Continuidade Paleolítica, e tal como fai o xenial mestre André Pena Granha.
Estando preparados temos unha grandísima vantaxe a hora de armar o puzzle do noso: o
coñecimento direito da nosa terra e nosa cultura. Os de Madrid e os seus cadeliños na Galiza, eses urbanícolas pechados nos gabinetes das suas instituizóns e os seus circuliños de pseudo-elites dexeneradas. Nós non andamos tan perdidos no mundo, non vivemos nunha
imaxe virtual do mesmo. Intuitivamente sabemos a direczón, ainda que
teñamos que ir descobrindo o camiño sobre a marcha e esquivar fochancas.
2º) Non
obstante, o noso paradigma, o noso contra-discurso é honesto e rigoroso. Deixamos os baleiros onde temos
lagoas, abrir abanos de posibilidades onde existan, e afirmar as certezas onde temos certezas. Sempre coa verdade por
diante, nunca a mentira, por moito que aparentemente pareza útil.
Nom
se trata de construir un relato para apoiar un mito historiográfico
no qual a sua funzón sexa sustentar unha ideoloxia, un proxecto nacionalista
do galeguismo, ou o que sexa. Trata-se de sermos honestos. Se na nosa
história fumos déspotas, hai que recoñecer iso, non negar. Se as
revoltas irmandiñas foron nefastas e eran unha manobra de Castela, hai que recoñecer iso, e non falsificar os feitos para apoiar unha ideia
revolucionária contemporánea. Temos que monstrar as luces, pero tamén as
sombras, non invetar unha épica heroica. Temos que ser pedagóxicos, e enfocar o negativo da história como unha aprendizaxe dos erros para que
non se repitan.
3º)
Temos que situar-nos corretamente no tempo, é dicer, ollarmos para o
pasado para compreendermos o noso presente e asi estarmos
capacitados para proxetarmos o futuro. É un processo, é unha dinámica.
Temos que mirar a história como algo vivo que continua, non como pezas
mortas depositadas en vitrinas dun museu ben separadiñas unhas das
outras só para contemplazón do público. Nós estamos dentro da história,
nós facemos história coas nosas aczóns e inaczóns, e iso obriga-nos a mirar para atrás e para a frente.
Por
exemplo, compreendermos a nosa cultura celta serve para termos unha
cosmovisión moi forte, pois é berce vertebrador de Europa. A idade média serve para abordar-mos un escenário
de decrescimento e ruralizazón tal como aconteceu coa queda do império
romano. A "francesada" contra a invasión napoleónica serve para
compreendermos estratéxias de loita contra inimigos moi poderosos e
aplicá-lo con intelixéncia a situazóns contemporáneas. E as derrotas servemnpara non repetir os erros.
A história son as pegadas do xavali que o cazador persegue, e se non as sabe ler, nunca chegará a él.
A
história non deve ser un tema de debate de frikis académicos, senon un
método de análise, síntese e resposta aos problemas. A historia é para
ser usada como ferramenta, para enfrentar a nosa realidade.
OS INIMIGOS
Hai que quitarlle o disfrace a ese
anti-nacionalismo galego que o suplanta como nacionalismo. E vai ser duro de
roer. As críticas han de ser duras e sen acougo. Dirixidas á escoura
que xerou o piñeirismo e o nacional-marxismo e que foron empoleirados no pacto da transizón e que continua nas suas instituizóns como
mercenários ao servizo do mundialismo e que fan gala dunha hipocrisia e
cinismo estremos e que ten narcotizado e abduzido ao persoal nun eterno
sono do cal nunca espertará o fogar de Breoghán, pois é
terminal, e morte. E ainda que se concorde nalgunhas cousas con algún nacionalismo español, as suas
nescidades, as suas burradas, as suas mentiras, as suas conxuras e manipulazóns son
inaceitáveis para quen teña un mínimo de ética e intelixéncia.
Isto
non só precisa dunha proxeczón política, senon de proxeczóns políticas en plural. Pero non só política, ten que ter unha proxeczón ética, cultural, artística,
filosófica, social, científica, etc. Iso era o que tiñamos co "rexurdimento", as Irmandades da Fala, Nós, Ultreia, etc. E iso é o que
non temos neste triste rexionalisto cativo e burdo, inculto, personalista, cainista,
chupóptero, hipócria, e altamente destrutivo. Reparen que o galeguismo
histórico era construtivo, estes son destrutivos, van demolindo para que
veña o facheirio construíndo o seu esterco na explanada. Temos de ser románticos, pero non romanticos sen visión, pois podemos ver a mocidade que temos nas nosas próprias cidades...
Celtia Loimil das Fragas
Ningún comentario:
Publicar un comentario