mércores, 4 de novembro de 2020

A propósito de "La llamada de la tribu" do miserável Vargas Llosa

 
É exatamente iso, miserável e triste que mudou de comunista fiel a neoliberal convencido. O espírito da tribo, o sentimento fundo que nos disolve no grupo e anula o noso ego, que confunde a nosa singularidade coa doutros formando o nós. É o espírito da tribo que torna a nosa responsabilidade alén de nós próprios e se envolve cos outros. Cos que están, cos que xa se foron e cos que virán. Cos da nosa raza, cos outros animais, cos outros seres vivos , cos seres inertes e até cos conceitos intanxíveis. É si, a irracional chamada da tribo que bate no corazón. Que ergue na escuridade da noite como un facho de ideais, a luz abstrata que guia os pasos no camiñar pola realidade. Ti nunca o entenderás, neoliberal en fuga que vives nun farrapo rojigualdo e outro masónico.

Non vou te vou pedir perdón por ter nascido nunha pequena e remota aldeia na montaña lonxe da tua diarreia mental. Esquecida da mao do teu deus neoliberal, dese o teu poder ao que serves, dese o teu progreso cara a nada, e da dexenerada civilizazón que che cagou.

Non te vou pedir perdón por ser rústica, rural, arcaica, primitiva, selvaxe, incivilizada, desobediente, insubmisa, inadaptada e ingovernável. 

Pois si,  señor mestizante, é exatamente iso: a chamada do tan-tan antergo, da maxia do chamán, das pinturas identitárias, da cabeza curtada dos tiranos, que resoan no mais profundo do meu ser. Por min chaman , prefiro vibrar no grupo, ser e sentir-me da tribo. A tribo que se funde coa montaña e o rio, a andoriña e o grilo, o carvallo e a chorima, ou a chuva e o cántico do vento. Ti nunca o entenderás, coitado desertor da vida, pois tán só és a derradeira flatuléncia dun cadáver.

Aqui me tes, cabelo ao vento, espada guerreira na mao, mirada no firmamento. Nunca arrincarás do meu pescozo o eterno torques da liberdade para colocar nel a canga coa que a vós vos xunguen, miseráveis escravos. Nunca conseguirás domar nen o inexorável bater do meu corazón nen o meu pensamento. Foda-se, que, aqui ainda fica en pé unha indíxena galaica.

Escoita, esmegma de burro capado, aqui me tens, danzando nua sobre as estrelas en volta na grande fogueira que purifica até a tua mais velenosa pezoña. Volta colocar a tua língua de víbora no seu lugar habitual - a cavidade retal dos teus amos- e non malgastes mais papel. Morre soiño, triste e amargado tal como nasceste, non malgastes mais enerxia, renegado da vida.  

Celtia Loimil das Fragas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco

"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik" "Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista" Jon M...