O filosefardismo de Franco, da mao dos traidores piñeiristas e os seus discípulos con Beiras e o BNG, asi como a AP fraguista, ten promovido a mesma estratéxia na Galiza. Asi o nacionalismo galego histórico ficou reducido a un rexionalismo inserido no nacionalismo español xacobino, renegando da língua en troca dunha neolíngua castrapeira, un pseudo-sistema cultural de instituizóns, carguiños e subvenzóns, unha falsificazón absoluta da história substituída por castrexismos e eterna ocupazón, a destruizón da paisaxe (eucaliptos, marvellas atlánticas) do património (castros, petroglifos, mámoas, arquitetura tradicional,...) e da sociedade e os seus costumes mediante a sua proletarizazón e urbanizazón ou desterro na emigrazón por causa de represión política e económica. Ten-se mostrado ainda mais eficaz do que cos blaveros valencians.
E digo eu... como é que ninguén ve aos blaveros de aqui? Como é que ninguén se dá conta do que andan a facer, e que son os de aqui e non os de Madrid (ainda que os servan)? Como é que o nacionalismo galego non é pangalaico? Como é que o nacionalismo galego non é pancéltico? Como é que o nacionalismo galego non é reintegracionista? Como é que o nacionalismo galego ten unha visión económica da Galiza reducida a defender as indústrias de Castela? Como é que o nacionalismo galego non combate a morte a destruizón da paisaxe e território? Como é que o nacionalismo galego non defende a cultura popular identitária e a ridiculariza (minifúndio mental, atraso, miséria,...)? Como é que o nacionalismo galego é o principal inimigo da nazón galega pretendendo encher isto de razas alóxenas?
Pois porque nen son nacionalistas galegos, son blaveros gallegiños ao servizo do nacionalismo español!
Explica-o á perfeizón neste vídeo o señor que foi influenciado na Sorbona polos movimentos emanzipadores das colónias francesas, luita que quixo exportar a un país europeu como o noso.
Celtia Loimil das Fragas
Ningún comentario:
Publicar un comentario