SEI DE ONDE EU VEÑO!
Sei de onde eu veño: dunha família de labregos humildes, dunha comarca esquecida dunha pátria maravillosa que leva moitos séculos humillada e devastada pola barbárie. Quen son ven de moito antes do meu nascimento, o meu xerme alóngase moito tempo atrás.
Sei onde estou: nun espazo e nun momento de grandes problemas, pero tamén estou con xentes dun material xenético de grandes potencialidades. Un salouco entre o onte e o mañá.
Sei a onde vou: rumo cara as chamadas utopias. O meu sentir acende os fachos e impulsa o meu corazón. Se todo vai na contra, iso non importa, hai que apreender a loitar. A vida non é unha doenza, é unha viaxe cheia de aventuras. Terras maravillosas esperan. Camaradas da tripulazón van e e veñen en cada viaxe. Os camiños están cheios de fochancas e perigos. Sempre haberá tropezos, pero hai que camiñar; a imobilidade, a pasividade e o parasitismo son letais, son o suicídio da nosa raza.
A depresión crónica é a consecuéncia irremediábel do aborrecimento e da resignazón na sociedade globalista e a guerra entre capitalistas e comunistas, que por meio da alienazón do rabaño transforma as persoas en tristes seres grises NPC.
Non suporto o pranto victimista nen o desleixo dos meus conxéneres. Estou cansa da xente que prefire a queixa ao esforzo e a carraxe. Son unha verdadeira mágoa esas persoas mortas en vida que constantemente lamentan, que non fan outra cousa que chorar e a suas bágoas non lle deixan ver as cousas maravillosas que teñen ao redor.
Celtia Loimil das Fragas
Ningún comentario:
Publicar un comentario