Num jornal digital esquerdalho o monicreque Manuel Miragaia descreve ao nosso Viqueira do seguinte jeito: “O
nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal,
socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e
católico de Vicente Risco”.
A própria wikipedia (gal) fixo ressonância destas irrealidade como de costume. Mas é
necessário ponher isso na biografia dum histórico galeguista? Abofé que sim.
Miragaia e este tipo de jornais som herdeiros de toda umha récua
imperante na opinióm do “galeguismo histórico” dende a óptica marxista
dende o ano 1975.
Por sorte conservo na minha biblioteca pessoal umha das suas obras.“Ensaios e poesias” , e baste com botar umha olhada e decatar-se que defende um
nacionalismo romântico um bocadinho influenciado já polo Castelao humanista na altura (já nom era o tradicionalista ultra-católico). Mas dende logo, Viqueira nunca está na contraposiçom do nacionalismo e genuino de
Vicente Risco. Polo contrário Viqueira admira ao pai e mestre ideológico.
Na parte que ele chama “DIVAGACIÓS ENGEBRISTAS” aponta o seguinte:
“Querendo
corresponder ao honor que se me fixo invitando-me a falar dende esta
tribuna que ten tan groriosa historia e pol-a que pasaron tantos
espíritos seleitos e grandes oradores, aa¡fellas que meditei moito.
Houben de renunciar por non hacharme con forzas d'abondo; mais vêndo
que sempre debía pór o que poidera da miña parte na obra da renascenza
galaica, fixen un esforzo e tratrei de decir algo; este algo son as
presentes divagaciós engebristas.
Depois
da interesante conferencia do señor Risco, onde nos espuxo con tanto
coñecimento de causa a arte nova … Engebrista é o que engebriza, o que
fai engebridade. Nós, que facemos o que é engebre, a engebridade,
elaborando a materia que nos presenta a nosa alma, somos en fin de
contas, ademais de todo o en “istas” que queirades, engebristas e
engebristas por riba de todo.“
No capítulo adicado ao "LIRISMO" evoca constantemente aos instintos raciais do país.
“Lirismo
é algo mais fondo, mais radical; lirismo é unha propiedade da alma.
Pode tamén que tendamos a nos recollermos en nós mesmos, e tan fondo da
nosa alma que as cousas n'ela van como perdendo a sua realidade
eterna, e s'esván en puro sentimento arelante. Estas duas formas
d'actividade consciente teñen o seu senso RACIAL […] Constitui a alma
musical de Portugal e Galicia, que nos leva en reminiscencias, no mais
aló dos tempos, â nossa RAZA céltica.
Hay
unha antiga lenda nosa d'origen céltico que expresa o noso lirismo,
saudosismo ou musicalismo. Eu non creio que ninguén da nosa RAZA poida
ser feliz sen escoitar este rousinol divino.”
Se quadra para algum autorcinho como o Miragaia isto stem que ser umha autêntica tese marxista-materialista. Nos seguintes capítulos continua na mesma linha nacionalista autêntica, romântica, étnica e vitalista.
NACIONALISMO E ARTE
“O
nacionalismo, sendo evolución, é-o pol-o tanto de produción: é fonte
de productividade estética. Supondo un home músico, d'alma música
fáce-lle traballar no arte contra a sua propia lei e individualidade,
fáce-lle porceder épicamente [...] É por esto que a historia fala sempre
en favor do artista que comprendeu o seu propio ser ou o artista de
RAZA.”
“Castelao
volveu sobre a sua RAZA e con un raro talento hachou un camiño. Mestre
ja para os que veñan, quedará na nosa historia galaica como un criador
e como un modelo”
O NAZONALISMO JURDINDO
“Cando
pol-as baixas misturában-se elementos de regiós diferentes, as
características lingüisticas e RACIAES afirmában-se mais ainda e juntos
un provenzal e bretón eran aínda mais enxebremente provenzal ou bretón”
No que concerce ao nosso pensar, nos seguintes título comprende o "nacionalismo" e "socialismo" dum jeito nada marxista ou materialista.
NACIONALISMO E SOCIALISMO
“I
– Eis dous têrmos que non se poden contrapôr: nacionalismo,
socialismo. É mais: o segundo é probablemente un aspeito do primeiro.
Nacionalismo é irmandade na patria, é sentimento de comunidade ideial, é
vontade de vida unánime traballando nun momento da humanidade.
II
– O fondo de todos os socialimos di: que a ninguén lle falte o pan
dabondo, que todos teñan un fogar sob a garimosa teitume, que a escola
seja igual para todos, que non haja fame nen tiranía. No que non se
entenden os socialismos é nas fórmulas, nos planos para arranjar a
sociedade de maneira que aquel estado justo realíce-se.
III
– Mais ¿como sintindo o ideal comunidade de patria, pode se tolerar
que haja ciudadáns de duas clás, os probes e esfameados e os ricos e
privilegiados? ¿Cómo non sentir nojo en que para os uns sejan todos os
bens da vida e para outros nada? O nacionalismo non ve mais que irmáns
na patria e él quere que todo o ben común pártase entre irmáns. ¡O
nacionalismo é o santo calor, pai do socialismo!-
IV
– Os povos en que unha loita civil (de pobres e ricos) separe aos
ciudadáns, cedo ou serodiamente morrerán; mais os que sinten en
irmandade santa (onde as diferencias sociaes son pouco notabeis ou non
existentes) non teñan medo á enternidade!”
Loita
de classes? Ditadura do proletariado? Onde? PAPAINADAS! Poderia-se
tratar mesmo de Rosenberg a falar da sinonímia entre Nacionalismo e
Socialismo, o protagonista deste texto nom diverge ideológicamente em momento nenhum com o mestre. É certo que Risco jamais chamou-se assim mesmo socialista, polas
connotaçons que dita palavra tinha em aquele tempo, associada ao
marxismo, a um materialismo que detestava. Mas na prática Risco agia como
Socialista, porque practicava um Nacionalismo “bem entendido“ como
Rosemberg e o próprio Viqueira, um nacionalismo que nom entende de classes nem de
divisons arbitrárias, um Nacionalismo que inclui a todos os membros do
país, e que reconhece que a essência última da alma do povo descansa
naqueles que cultivam a terra com as suas mãos e atopam-se longe da
degradaçom desses campos de cimento e asfalto.
No seguinte texto nota-se ainda mais detalhada a impronta do mestre, e citando nada mais e nada menos que ao romântico Goethe.
SER OU NON SER
I
- Arredor de min xurde o esplendente espectáculo da Primadeira,
gigante ondeada de vida, de reproducción da realidade fonda, movida
d'aquil perseverar no seu ser, da arela de vivir e que versificara
Goethe. Cada átomo de vida exáltase cubizando perdurar en si mesmo e
abranguer a mais maravillosa florazón […] O que non s'afirme e perdure
será asimilado, esmorecerá, despois morrerá.
II
– Cando un home atravesa na sua vida unha crise, pónse o dilema de ser
ou non ser. Que é isto senon perguntarse: se como individuo ou non
ser? Os povos, personalidade coleitivas tamén nas suas grandes crises
sinten en toda a sua acritude o dilema de ser ou non ser. E non equival
esto a seren co'a sua propia alma, co'a sua propia esencia ou non
seren?
III
– Os que AMAMOS Á NOSA RAZA GALEGA, ao noso povo e á sua persoalidade
tan bela, sentimos hoje n'os noso peitos a angustia do ser ou non ser.
Galiza se quer existir como un momento da civilización humán (única
existencia dina) ten de ser ella mesma desenvolvendo as infinitas
fecundas realidás que potencialmente encerra. Non podemos desejar pr'a
ella mutilacios bárbaras, preludios de morte.
IV-
Mas pr'a este é preciso que os galegos esteñamos dominados pol-o
impulso d'existir. Tende aquí o capital. Fagamos profesión de fe de
galeguismo e convservando sempre un hourizonte mundial profundamos nas
fonduras da nosa historia. Cando unha grande e valora minoría (os
precursores loitan rejamente) chea de alma accesa, de galaicismo nasza,
suas energias iranse difundindo pol-o país enteiro e apresentaranse as
producciós universaes da RAZA ao calor d'un novo ideal.
V-
O noso dilema é, galegos, ser ou non ser. Seja un acto de vountade a
súa resolución vital. Seremos con toda a plenitude de existencia. E a
lingua ancestral n-os nosos beizos acredite a espranza inmensa na
patria dos fillos!
O paifoco do Miragaia contará que estes textos nom tenhem semelhança com o "Ser diferente é ser existente” do mestre, NADINHA! Malditos Risquiáns!
A NOSA LINGUA
“Galegos,
amade, cultivade o rico tesouro da nosa língua. So falando-a seredes
libres, ja que o home SEN RAZA É UNHA ABSTRACCIÓN. ¡ORGULO DE RAZA EU
VOS PIDO! Ser libres e sel-o como homes, como RAZA e como individuo. E
lembrádevos que dí Goethe: “So aquel que soubo conquerir cada día a sua
libertade é dino de ser libre.”
Do seguinte capítulo ham estar bem orgulhosos os da fatoria Soros e o lóbi LGTB
O CAMPO E A CIDADE
“Entre
a cidade e a aldea houbo longo tempo fonda separanza. As gentes,
habitantes das casupas agachadas nas vellas fragas e nas anosas
carballeiras, poseían unha existencia propia, original, tiñan a sua
língua, os seus usos, e do mesmo geito que o labrego traballaba as
leiras, c'o arado celta, gardaba a sua alma, no mais íntimo,
millentanarias reminiscencias. Os vellos deuses, cubizosos de fugir do
exilio, moraban ainda ocultos nas congostras, n'os boscos, e n'os
mariños penedos. Todo era alí primitivo, mais tamén rexo e sinceiro!
Existencia verdade, producíndose real e positivamente de si mesma! Ali
se mantiña intacta a alma galega e milleiros de GERMENS FECUNDOS,
latitantes agardaban somente un impulso para desenrolaren, que non viña
de ningures, porque a cidade, que debía da-lo, iñorábase a si mesma e â
durmente campía. Dito d'outra maneira: non jurdía a visión crara dos
problemas do país.”
“¿Cál
era a razón d'esto? Houbo en Galicia unha época, e algúns viven ainda
nela, na que se cultivaba unha vida falsa d'irrealidade e apariencias;
críase en cousas imainarias e esquecíanse a substancia e os problemas
do noso povo. Os galegos deron en imitar unha existencia banal e
leviana, DECADENTE e AMANEIRADA. Ainda nos momentos d'espargemento, nos
que parece tiña de predominar a espontaneidade, jurdía o RASGO
D'EXOTIDADE que deviña âs veces de BRUTALIDADE. O canto e a poesía,
entre outras cousas engebres, se desleixaban e as prazas de touros se
lixugaban con sangue, entrementres, en festas bárbaras contrarias aos
INSTINTOS RACIAES.”
O QUE PRECISA A NOSA JUVENTUDE
“Oje
os homens novos que podían ser unha esperanza háchanse nas mais das
veces n'un triste estado. Os uns atópanse sumidos n'un groseiro
materialismo; están sô para aquello que eles chaman práctico. Os outros
encóntranse domiados por un neurotismo egoista entre rayolas de lua,
Colombines e Pierrots! Eu sinto pena, eu sinto un dôr fondo ante o
espectáculo da nosa mocidade.
Para
regenerarse as novas geracións deben encerse de idegalismo,
ROMANTISMO, de entusiasmo pol-as grandes cuestiós humanas. Non quero eu
un idealismo tolo como o de D. Quixote; quero un idealismo práctico da
vida. Este exige que nas cousas mais pequenas da nosa existencia
penetre a ideia e as aloumiñe.
Un
exemplo d'este idealismo vol-o ofrece o zapateiro-poeta santiaguês, un
grande representante da NOSA RAZA, que facendo zapatos n'un modesto
taller compostelán, creaba un dos dramas millores d'España. Na sua alma
iban surgindo, mentres realizaba o seu traballo de humilde artista,
verbes que traducían todas as arelas da NOSA RAZA.
Cando
a nosa juventude, seja ROMÂNTICA, idealista, volverá a ser galega,
porqu'o ROMANTICISMO e o idealismo é esencial â NOSSA RAZA. […] Juventude
galega, non teñas vergoña de sentir, de chorar as grande COITAS DA
RAZA, da patria e dos homes, non renegues d'elas. Juventude galega,
faite idealista, ROMÂNTICA, poetizante. ¡O mundo será teu!”
A respeito da sintetizaçom no tocante identitário Galaico e Europeu continua na mesma linha do mestre e sem defraudarmos no capítulo com o que finalizo este trabalho.
GALIZA – IBERIA – EUROPA
“Nós,
galegos, como toda nación, temos unha misión que cumplir. Temos que
crear n'estas verdecentes costas atlánticas unha nova cultura ibérica,
da que depende o porvir d'Iberia mesma. Nós representaremos unha
civilización céltica do sur próxima âs actuás civilizaciós célticas
europeias, de grandísima exquisitez, asín como éstas c'as culturas do
centro e norte d'Europa. Dixen.”
“¡TREME A NOSA RAZA COMO UN GIGANTE DURMIÑENTO E AMEAZA C'UN MEDOÑENTO DESPERTAR!”
CARALHO COM O NACIONALISMO CÍVICO ANTI-RISQUIÁM!!
Suponho que aos upegalhos que se lhes deu por botar umha olhada a esta obra estaria-lhes a piques de estourar os seus cerebros esboçados com panfletadas marxistas e feministas.
Xoán Vicente Viqueira Cortón foi um dos nossos, e pouco ou nada a ver com os que dim em chamar-se hoje nacionalistas. Quem queira seguir a mesturar marxismo com
nacionalismo histórico é livre, assi mesmo como de pendurar ridículas estreleiras na
galeria, mas só se vos pide umha cousa, e é que deixem de manipular aos nossos pensadores.
"De aquellos de quienes se dicen ser gallegos, catalanes, vascos, castellanos, etc... antes que españoles, desconfiad siempre. Suelen ser españoles incompletos, insuficientes, de quienes nada grande puede esperarse" Antonio Machado Ruiz
Afonso Denis Carvalho Souto
Ningún comentario:
Publicar un comentario