luns, 9 de novembro de 2020

Autoestrada, unha navallada á nosa pátria

AUDASA é unha máfia que se adica á extorsión dos usuários de rodovias estatais en Galiza meiante o cobro de portaxes. A modo de exemplo, a AP-9 (Tui-Vigo-Compostela-Ferrol) foi construída integramente con diñeiro público cun custo de aproximadamente 230 millóns de euros, cun gasto en manutenzón de aprox. 2 millóns de euros anuais, pola cal AUDASA leva cobrado unha média de 2.000 millons de euros anuais en portaxes durante os derradeiros 40 anos.

O PP é unha máfia política á cal están afiliados a maioria dos acionistas de AUDASA, e varrendo para si, tanto Fraga como Aznar e Raxoi perpetuaron as concesións e contratos de AUDASA co Estado. Na derradeira negociazón con Raxoi, acordaron que en troque da absurda e non demandada ampliazón da ponte de Rande, AUDASA poderia incrementar 1% extra cada ano durante 20 anos as portaxes alén das subas regulares, e ainda un incremento quinquenal de 2020-2025 de 12,6% repartido neses anos.
 
No 2020, por causa da inestabilidade do governo do PSOE-PODEMOS e dos problemas para aprovar seus orzamentos, AUDASA só subiu as portaxes aproximadamente o IPC, deixando adiadas a suba do 1% anual, mais o correspondente ao 12,6% quinquenal. Ese incremento adiado seria "recuperado" coas taxas para 2021, pero ao significar unha forte suba nunha situazón de crise e na excepcionalidade do Covid, co PSOE-PODEMOS novamente con problemas para aprovar orzamentos, e cos galegos moi queimados, AUDASA sentou a negociar coa ministra de Fomento a forma de facé-lo subtilmente, pois o negócio é unha suba das portaxes entre 3% e 6% para 2021.
 
AUDASA ven de chegar a un acordo co PSOE-PODEMOS, que ainda que politicamente vende-se doutro xeito, consiste en que no 2021 apliquen os incrementos correspondentes e os adiados, pero que se faga ver como se só aumenta aproximadamente o IPC, ou até menos, bonificando ao estado español con diñeiros públicos confiscados aos súbditos a diferenza. A modo de exemplo, na AP-9 os mafiosos de AUDASA arrecadaron en portaxes un total de 2.942,6 millóns de euros no 2018, 3.014,4 no 2019, as contas de 2020 ainda non sairon, e espera-se que no 2021 non baixen dos 3 mil millóns. O acordo co PSOE-PODEMOS (governo central) e PP (governo autoanémico) consiste en que o governo central "bonifique" 55 millóns de euros e aproximadamente outros 40 millóns da Xunta, que serán "perdoados" aos usuários, asi con outros pagos en fundos europeus para o Covid e benefícios fiscais. 
 
Deste xeito, AUDASA ainda cobrará mais portaxes, pero persoas que non utilizan a AP-9 ou nen sequer ten coche pagarán parte delas mediante o papa estado como confiscador para as máfias.
 
En todo este latrocínio, saiu estes dias o BNG e o seu séquito de ovellas fundamentalistas marxistas pendurando-se medallas por tal maravilloso acordo entre AUDASA, PSOE-PODEMOS e PP. Amais de maravilloso, até FOI GRAZAS A ELES! 
 
O BNG di que ese acordo se conseguiu grazas á sua "presión" mediante o apoio á investidura de Sánchez en troca dun "pacto" co governo de 10 medidas programáticas chamado "Decálogo pola defensa de Galiza no congreso", decálogo co que Sánchez se limpa o cu unha vez conseguida a investidura grazas aos parvos úteis. De feito, a primeira medida di "01. Transferencia da AP9. No inmediato, redución do 30% do custe das peaxes. Se foi posible para as radiais madrileñas, o BNG fará que sexa posible para Galiza". Hai que comezar pola primeira, dai que as 9 seguintes non se cumpren, e a primeira cumpre-se como estades a ver:
 
- Nada de reduzón de portaxes, senon aumento.
- Nada de transferéncia á Xunta da AP-9.
 
En que é o que conseguiste o que andadades a comemorar? 
 
Non obstante, o mais chamativo do asunto é o posicionamento do BNG en relazón a AUDASA e a AP-9:
 
- Non se propón a derogazón das concesións, a devoluzón do diñeiro roubado por Audasa e o procesamento dos seus responsáveis, apesar do marco legal en vigor que dispón que iso é ilegal e das instituizóns europeias que en defesa da libre competéncia combaten estes monopólios abusivos que só existen neste rexime xacobinista.
 
- O Carlos Aymerich non anda a escrever artigos nen facendo propaganda sobre a intervenzón, expropriazón ou nacionalizazón de Audasa, tal como fai con Alcoa. E iso que a AP-9 é un ben público, concretamente viário de domínio público con forte protezón legal, e o seu titular é o estado, nen sequer Audasa. Nen ten que expropriar e indenizar nada, só cancelar unha concesión ilegal e abusiva, e recuperar a posesión do ben de domínio público. Alén disso, está o interesse público dunha autoestrada en xeral e da que vertebra o Eixo Altántico en particular.
 
- O BNG non propón que a AP9 sexa autovia de graza, senon que continue a ser autoestrada de pago, só que transferida á Xunta para que en rexime de concesión ceda-a a outra empresa privada, continuando o sistema de concesións e portaxes. Todo o mais estremo que chegou a propor foi que a explote (com portaxes) a administrazón autonómica en vez de cedá-la a empresas privadas.
 
- O BNG non propón que cesen as portaxes, senon que se reduzan, e mais concretamente que se bonifiquen, ou sexa, que unha parte do prezo se pague con diñeiro público, pero que o lucro continue. Ben, se queredes investigade as relazóns entre políticos, empresas e banca e entenderedes o porqué.
 
Ben, finalmente, para non perdermos a memória histórica deixo aqui o documentário sobre a autoestrada para quen non saiba o que esta merda foi desde o primeiro momento.
 
Celtia Loimil das Fragas
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco

"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik" "Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista" Jon M...