Amosando publicacións coa etiqueta usura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta usura. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de novembro de 2020

Autoestrada, unha navallada á nosa pátria

AUDASA é unha máfia que se adica á extorsión dos usuários de rodovias estatais en Galiza meiante o cobro de portaxes. A modo de exemplo, a AP-9 (Tui-Vigo-Compostela-Ferrol) foi construída integramente con diñeiro público cun custo de aproximadamente 230 millóns de euros, cun gasto en manutenzón de aprox. 2 millóns de euros anuais, pola cal AUDASA leva cobrado unha média de 2.000 millons de euros anuais en portaxes durante os derradeiros 40 anos.

O PP é unha máfia política á cal están afiliados a maioria dos acionistas de AUDASA, e varrendo para si, tanto Fraga como Aznar e Raxoi perpetuaron as concesións e contratos de AUDASA co Estado. Na derradeira negociazón con Raxoi, acordaron que en troque da absurda e non demandada ampliazón da ponte de Rande, AUDASA poderia incrementar 1% extra cada ano durante 20 anos as portaxes alén das subas regulares, e ainda un incremento quinquenal de 2020-2025 de 12,6% repartido neses anos.
 
No 2020, por causa da inestabilidade do governo do PSOE-PODEMOS e dos problemas para aprovar seus orzamentos, AUDASA só subiu as portaxes aproximadamente o IPC, deixando adiadas a suba do 1% anual, mais o correspondente ao 12,6% quinquenal. Ese incremento adiado seria "recuperado" coas taxas para 2021, pero ao significar unha forte suba nunha situazón de crise e na excepcionalidade do Covid, co PSOE-PODEMOS novamente con problemas para aprovar orzamentos, e cos galegos moi queimados, AUDASA sentou a negociar coa ministra de Fomento a forma de facé-lo subtilmente, pois o negócio é unha suba das portaxes entre 3% e 6% para 2021.
 
AUDASA ven de chegar a un acordo co PSOE-PODEMOS, que ainda que politicamente vende-se doutro xeito, consiste en que no 2021 apliquen os incrementos correspondentes e os adiados, pero que se faga ver como se só aumenta aproximadamente o IPC, ou até menos, bonificando ao estado español con diñeiros públicos confiscados aos súbditos a diferenza. A modo de exemplo, na AP-9 os mafiosos de AUDASA arrecadaron en portaxes un total de 2.942,6 millóns de euros no 2018, 3.014,4 no 2019, as contas de 2020 ainda non sairon, e espera-se que no 2021 non baixen dos 3 mil millóns. O acordo co PSOE-PODEMOS (governo central) e PP (governo autoanémico) consiste en que o governo central "bonifique" 55 millóns de euros e aproximadamente outros 40 millóns da Xunta, que serán "perdoados" aos usuários, asi con outros pagos en fundos europeus para o Covid e benefícios fiscais. 
 
Deste xeito, AUDASA ainda cobrará mais portaxes, pero persoas que non utilizan a AP-9 ou nen sequer ten coche pagarán parte delas mediante o papa estado como confiscador para as máfias.
 
En todo este latrocínio, saiu estes dias o BNG e o seu séquito de ovellas fundamentalistas marxistas pendurando-se medallas por tal maravilloso acordo entre AUDASA, PSOE-PODEMOS e PP. Amais de maravilloso, até FOI GRAZAS A ELES! 
 
O BNG di que ese acordo se conseguiu grazas á sua "presión" mediante o apoio á investidura de Sánchez en troca dun "pacto" co governo de 10 medidas programáticas chamado "Decálogo pola defensa de Galiza no congreso", decálogo co que Sánchez se limpa o cu unha vez conseguida a investidura grazas aos parvos úteis. De feito, a primeira medida di "01. Transferencia da AP9. No inmediato, redución do 30% do custe das peaxes. Se foi posible para as radiais madrileñas, o BNG fará que sexa posible para Galiza". Hai que comezar pola primeira, dai que as 9 seguintes non se cumpren, e a primeira cumpre-se como estades a ver:
 
- Nada de reduzón de portaxes, senon aumento.
- Nada de transferéncia á Xunta da AP-9.
 
En que é o que conseguiste o que andadades a comemorar? 
 
Non obstante, o mais chamativo do asunto é o posicionamento do BNG en relazón a AUDASA e a AP-9:
 
- Non se propón a derogazón das concesións, a devoluzón do diñeiro roubado por Audasa e o procesamento dos seus responsáveis, apesar do marco legal en vigor que dispón que iso é ilegal e das instituizóns europeias que en defesa da libre competéncia combaten estes monopólios abusivos que só existen neste rexime xacobinista.
 
- O Carlos Aymerich non anda a escrever artigos nen facendo propaganda sobre a intervenzón, expropriazón ou nacionalizazón de Audasa, tal como fai con Alcoa. E iso que a AP-9 é un ben público, concretamente viário de domínio público con forte protezón legal, e o seu titular é o estado, nen sequer Audasa. Nen ten que expropriar e indenizar nada, só cancelar unha concesión ilegal e abusiva, e recuperar a posesión do ben de domínio público. Alén disso, está o interesse público dunha autoestrada en xeral e da que vertebra o Eixo Altántico en particular.
 
- O BNG non propón que a AP9 sexa autovia de graza, senon que continue a ser autoestrada de pago, só que transferida á Xunta para que en rexime de concesión ceda-a a outra empresa privada, continuando o sistema de concesións e portaxes. Todo o mais estremo que chegou a propor foi que a explote (com portaxes) a administrazón autonómica en vez de cedá-la a empresas privadas.
 
- O BNG non propón que cesen as portaxes, senon que se reduzan, e mais concretamente que se bonifiquen, ou sexa, que unha parte do prezo se pague con diñeiro público, pero que o lucro continue. Ben, se queredes investigade as relazóns entre políticos, empresas e banca e entenderedes o porqué.
 
Ben, finalmente, para non perdermos a memória histórica deixo aqui o documentário sobre a autoestrada para quen non saiba o que esta merda foi desde o primeiro momento.
 
Celtia Loimil das Fragas
 

luns, 26 de outubro de 2020

O negócio das nosas aldeias

 


 


O negócio redondo de "venta de aldeias abandonadas" na Galiza e Astúrias.

Por norma xeral unha imobiliária compra unha casa e falsifica a escritura dunha casa nunha aldeia que ficou desabitada ao verificar que non hai herdeiros con papeis, ou que estexan emigrados nas América e non teñan consciéncia de que son os herdeiros.

Apenas alguén do rural ten escritura da propriedade, xeralmente só testamentos, declarazóns de herdeiros, e outra documentazón que essa imobiliária investiga coa cumplicidade de notarias e rexistradores da propriedade usureiros.

Buscan aldeias que teñan comunal. Entón o monte viciñal en mãos común desa aldeia é tomado como terras propriedade do proprietário dessa edificazón. Como non hai ninguén que diga nada sobre ese acaparamento do comunal, nen hai rexistros na administrazón dunha comunidade ou se existiu os documentos "perden-se" na administrazón, entón esa imobiliária acada grandes extensións de terras comunais, que vende ou tenta vender a inversores. Moitas veces o proceso implica escriturar como privados eses bens comunais sen calquer problema, pois ninguén se opón.

Pero se alguén oKupa con K unha vivenda nesa situazón, volta-se legalmente comuneiro dese comunal, ainda que non sexa proprietário da vivenda desa aldeia, pois a condizón de persoa comuneira e o direito de usufruto do comunal ven dada por viver nese lugar, non por ter unha propriedade nese lugar.

Como a maioria dos oKupas son parvos, ocupan prédios urbanos. Pero se chegan a descobrir isto e comezan ocupar esas vivendas no rural e resuscitam hectares do comunal, o negócio dos usureiros vai ao traste.

Politiqueiros da direita, do centro e da esquerda piden penas de prisión para as persoas que repovoaron aldeias abandonadas como as de Fraguas (Castela) que pretenden ser unha medida exemplar disuasória de esa trava para o negócio; independentemente das discordanzas ideolóxicas que teña con eles, é unha boa fazaña anti-usureira.

O problema asociado da falsificazón de documentos, e cazadores de terreos profisionais de montes viciñais en mão común que via falsificazón coa cumplicidade da administrazón trasnforma-nos en montes pró-indiviso cos que se pode comerciar, pasando a ser imprensidíbeis, indivisíbeis, inalienábeis e impeñorábeis, as catro características do comunal galaico recoñecidas até pola lei do estado.

Mentres a grande maioria da esquerdallada solicitan unha vivenda de protezón oficial na cidade cunha renda básica rañando a colloada, e logo entretidos coas heroicas homenaxes ao cobarde chourizo do Moncho Reboiras, pois é melhor que nen vos acheguedes ao comunal, pois ainda é mellor que estexa nas mãos de imobiliárias que nas mãos do estado ou da Xunta prantando nele pirófitas.

A dura verdade é que a maioria desa xentalla é un rabaño de dexenerados indinos desta terra e que non merecen receber legado dos antergos nen un palmo de comunal. Asi que vos emigrade para Madrid e deixade as aldeias abandonadas e as terras que as rodeian para familias galegas escollidas e outros imigrantes europeus. 

Celtia Loimil das Fragas

Fascismo e Nacional-Socialismo a juizo de Risco

"Horrez gain, ni ez naiz faxista, nazional sozialista baizik" "Ademais, nom som fascista, som nacional-socialista" Jon M...